Publicador de contidos
Publicador de contidos

Protesta multitudinaria en México contra a reforma electoral

Protesta multitudinaria en México contra a reforma electoral

O Zócalo encheuse de manifestantes contra a reforma do INE

O Goberno di que é para aforrar

É a maior protesta contra o goberno de Obrador dende que chegou á presidencia

G24.gal 27/02/2023 08:17 Última actualización 27/02/2023 08:38

Milleiros de mexicanos protestan contra a reforma da lei electoral que tramita o Goberno de López Obrador. Así se encheu o Zócalo de Cidade de México; a praza acolleu cidadáns, opositores e organizacións da sociedade civil que protestan polos cambios no INE, o Instituto Nacional Electoral, que organiza as eleccións no país.

A modificación xa pasou o trámite do lexislativo e supón un recorte de xuntas electorais, que segundo o Goberno é unha medida de aforro. Tamén relaxa as regras para o uso da propaganda política entre funcionarios públicos. Esta foi a concentración máis numerosa da oposición dende a chegada de López Obrador á presidencia de México. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade