Publicador de contidos
Publicador de contidos

Greenpece desprega unha lona en Madrid cos candidatos "suando" polo cambio climático

Greenpece desprega unha lona en Madrid cos candidatos "suando" polo cambio climático

Os activistas de Greenpeace, que colocaron a lona en plena vaga de calor

G24.gal 11/07/2023 09:15

Activistas de Greenpeace despregaron unha lona na emblemática Porta de Alcalá de Madrid na que preguntan aos principais candidatos á presidencia do Goberno Pedro Sánchez (PSOE), Alberto Núñez Feijóo (PP), Santiago Abascal (Vox) e Yolanda Díaz (Sumar) se llela "súa" o cambio climático.

Grazas á intelixencia artificial, na lona vese os catro adversarios políticos "suorentos e queimados", sufrindo na súa pel algúns dos impactos do cambio climático, como son as altas temperaturas que actualmente padecemos.

"O cambio climático súavola?", reza baixo a imaxe, na que os dous candidatos de dereitas aparecen sorrindo e os dous de esquerdas con xesto serio.

Os activistas de Greenpeace, que colocaron a lona en plena vaga de calor e a poucos días da xornada electoral, levan carteis co lema "vota polo que máis queiras".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade