Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gromo de tuberculose no sexto instituto de Ourense, vinte alumnos dan positivo

Gromo de tuberculose no sexto instituto de Ourense, vinte alumnos dan positivo

Apareceu no IES Julio Prieto Nespereira da cidade

Sanidade valora a pertinencia dun tratamento preventivo ou otras medidas sanitarias

No caso dos nenos e nenas a probabilidade de transmisión é moi pequena.

Sexto instituto de Ourense, IES Julio Prieto Nespereira
G24.gal 03/06/2023 15:50

A Consellería de Sanidade confirmou que realiza un seguimento dun estudo de contactos dun caso de tuberculose nun centro escolar da área Sanitaria de Ourense, tras detectar 19 positivos de tuberculina.

O departamento autonómico comunicou que se puxo en marcha, ante a aparición do caso, o protocolo existente en Galicia para avaliar o risco potencial de transmisión e detectar precozmente posibles contaxios, para o que se organizou o estudo dos seus contactos, priorizando os máis estreitos, que son os que conviven máis de seis horas diarias co enfermo.

No estudo detectáronse 19 persoas coa proba positiva de tuberculina, ás que continúan realizándolles as probas para verificar a existencia da enfermidade, xa que a proba positiva por si soa só indica un contacto previo co bacilo da tuberculose.

Ademais, tamén se avalía a pertinencia do tratamento antiinfeccioso ou preventivo e outras medidas sanitarias. Neste contexto, a Dirección Xeral de Saúde Pública transmite unha mensaxe de tranquilidade debido a que, segundo apunta, "está a axilizarse a realización de todas as actividades necesarias para limitar a transmisión desta enfermidade e a aparición de novos casos de infección ou de enfermidade".

Protocolo

Sanidade destacou que o protocolo para estes casos forma parte do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose que se desenvolve en Galicia desde 1994. Este programa inclúe todas as actividades que se realizan na abordaxe desta enfermidade, e que supoñen a coordinación entre a Consellería de Sanidade e unha unidade de referencia, a Unidade de Prevención e Control da Tuberculose (UTB).

A Consellería explicou que neste estudo de contactos é fundamental diferenciar entre infección tuberculosa e enfermidade tuberculosa. No primeiro caso, trátase dunha persoa que tivo contacto co bacilo da tuberculose pero que non está enferma, non ten síntomas e nunca é contaxiosa.

A estas persoas, se non existe contraindicación, páutaselles un tratamento preventivo para evitar que desenvolvan a enfermidade nun futuro.

No caso de que a persoa teña síntomas, segundo as características da enfermidade pode ser contaxiosa ou non, sabendo que no caso dos nenos e nenas a probabilidade de transmisión é moi pequena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade