Guillén e o árbitro protagonistas no derbi da Lomba
O Arousa protestou falta do gardameta charrúa na xogada que precede ao único gol do partido
As ocasións na Lomba chegaron ben cedo. No minuto 5 por parte do Arousa con este remate demasiado cruzado de Mon. E no 17 o paradón de Manu Taboas a unha gran cacholada de Fer Beltrán.
E os segundos 45 minutos tiveron de protagonistas ao Pato Guillén e ao colexiado en tres accións decisivas. Primeiro nesta xogada, o meta charrúa vai o chan e toca o balón coa man fóra da área, o árbitro non pita e na continuación da xogada marca Jordan a pase de Rafa Mella.
Logo neste gol anulado por falta no salto de Javi Fontán.
E por último no penalti de Pedro Beda. O árbitro sinala e Guillén adiviña e detén.
Xa sobre a bucina os locais volveron acariñar o empate neste disparo con rosquiña de Fajardo.
Pero ao final vitoria dun Compos que volve aos postos máis altos da táboa.