Cargando resultados...
Guterres tacha de "inmorais" os beneficios das empresas enerxéticas
Guterres tacha de "inmorais" os beneficios das empresas enerxéticas
António Guterres di que a "cobiza grotesca" está danando os máis vulnerables
Insta aos gobernos a gravar as ganancias do sector
Antón Montero
04/08/2022 19:03
O secretario xeral da ONU tachou de inmorais os beneficios excesivos das compañías enerxéticas. António Guterres dixo que a cobiza grotesca destas empresas está castigando as persoas máis pobres, e instou os gobernos a impoñer impostos sobre estas ganancias.
Ademais, a ONU animou os países máis desenvolvidos a implantar medidas inmediatas de aforro, entre elas límites ao aire acondicionado e a calefacción, reducións dos límites de velocidade ou incentivos ao uso do transporte público.