Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Galicia continúan hospitalizadas 660 persoas por gripe

En Galicia continúan hospitalizadas 660 persoas por gripe

Con 35 persoas ingresadas por gripe nas UCI dos hospitais galegos, Sanidade insiste na conveniencia de vacinarse

As autoridades sanitarias sospeitan que haberá un segundo pico de contaxios, como sucedeu nos últimos cinco anos

G24.gal 14/01/2024 14:18 Última actualización 14/01/2024 16:14

Nos hospitais galegos hai 660 persoas ingresados con gripe, son 170 pacientes menos que hai oito días. Segundo o Sergas, as consultas en atención primaria e as urxencias por infeccións respiratorias tamén descenderon na última semana. 

"Coma sempre que damos datos a nivel de saúde pública, con toda a precaución e prudencia.
Insisto, oito días, hai que esperar que esta tendencia se consolide e non hai un novo pico derivado das interaccións no ámbito escolar", di Carmen Durán, directora xeral de Saúde  Pública.

Na situación epidemiolóxica actual e coa sospeita de que aínda pode haber un novo pico de contaxios, a directora xeral de Saúde Publica insiste en que a vacina pode evitar complicacións.

"Estamos nunha etapa descendente pero seguimos tendo 35 pacientes na UCI, non podemos desprezar o efecto que ten a patoloxía respiratoria na saúde. Non é tarde para vacinarse, mesmo se xa pasamos a gripe", afirma Durán.

A campaña de vacinación continúa activa ata o 26 de xaneiro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade