Publicador de contidos
Publicador de contidos

Históricos do PSOE asinan un manifesto contra a lei de memoria democrática

Históricos do PSOE asinan un manifesto contra a lei de memoria democrática

Marimar Blanco: "Será legal, pero non é ético nin moral pactar con quen non condena nin un atentado terrorista"

O Goberno defende que a lei, que se vota este xoves no Congreso, é necesaria para pechar feridas

G24.gal 11/07/2022 15:13

A Fundación que leva o nome de Miguel Ángel Blanco, o concelleiro popular de Érmua asasinado pola ETA hai 25 anos, entregou en Madrid os premios que recoñecen a defensa das vítimas do terrorismo.

Marimar Blanco lembrou a unidade política e social que xerou o atentado contra o seu irmán, e contrapúxoo ao acordo do Goberno con EH Bildu sobre a lei de memoria democrática. "Será legal, pero non é ético nin moral pactar e negociar con quen non condenou nin un só atentado terrorista", dixo a presidenta da Fundación.

O coordinador xeral do PP considera "macabro" que se vote esta mesma semana unha lei que cualifica de agresión á democracia. 

"É alta traición ao socialismo que representa Felipe González, incluíndoo dentro do franquismo", critica Bendodo.

Varios exdirixentes socialistas piden nun manifesto a retirada da lei porque entenden que terxiversa a historia. Históricos como Javier Rojo e Juan José Laborda, exministros e exdeputados rexeitan que se estenda ata 1983, cando xa gobernaba Felipe González, a etapa de posibles vulneracións de dereitos humanos. Súmanse a críticas de baróns actuais como Lambán e García Page.

O Goberno rexeita esta acusación. En palabras da ministra de Turismo "Non é unha cuestión de datas, é unha cuestión de principios, de recuperar unha memoria democrática necesaria non para dividir senón para sumar".

A lei será aprobada previsiblemente este xoves no Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade