Idalia achégase a Florida con vento de 225 km/h e unha perigosa marusía ciclónica
Idalia achégase a Florida con vento de 225 km/h e unha perigosa marusía ciclónica
O maior perigo é a subida do mar, que pode chegar a elevarse ata 4,5 metros nalgúns puntos da costa
Florida emitiu ordes de evacuación obrigatoria e voluntaria para máis de 1,6 millóns de persoas
O furacán Idalia alcanzou de madrugada a categoría 4 da escala de Saffir-Simpson (de 5) e avanza con vento máximo sostido de 225 km/h e unha perigosa marusía ciclónica cara á costa noroeste de Florida, onde tocará terra nunhas horas.
A rexión coñecida como Big Bend é onde impactará este potencialmente catastrófico furacán que ten en alerta a millóns de persoas, pois tras impactar na costa pasará polo norte do estado camiño de Xeorxia e as Carolinas.
Esta mañá Idalia movíase cara ao nordés a preto de 30 km/h e o seu vento tempestuoso estendíanse ata 35 km do seu centro.
Idalia atópase a só a 95 km ao oeste de Cedar Key, unha illa fronte á costa, e a uns 145 km ao sur de Tallahassee, a capital de Florida.
As cámaras web da zona do Big Bend mostran pouco despois do amencer de hoxe un mar bravo e que xa subira.
A autoridades advertiron de que o maior perigo é a subida do mar, que pode chegar a elevarse ata 4,5 metros nalgúns puntos da costa do nordés de Florida por mor da combinación da marusía ciclónica e as mareas vivas desta época do verán.
O estado emitiu ordenes de evacuación obrigatoria e voluntaria para máis de 1,6 millóns de persoas ante a chegada de Idalia, que cos seus ventos e choivas deixou sen electricidade a miles de fogares na costa do noroeste de Florida.