Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identifican cinco presuntos incendiarios en Asturias e investigan dez máis

Identifican cinco presuntos incendiarios en Asturias e investigan dez máis

Confían en que a chvuia apague os focos que aínda permanecen activos

G24.gal 10/04/2023 18:51 Última actualización 10/04/2023 19:00

A baixada das temperaturas e a entrada da humidade favoreceu a estabilización ou o control dos máis de 40 incendios forestais cos que aínda amenceu Asturias. Foi o caso do que se declarou durante a fin de semana nos montes do concello de Las Regueras, preto de Oviedo. Afectou unha zona de alto valor ecolóxico e paisaxístico e puxo en perigo as propiedades dos veciños.  

"Con moitísimo medo porque non contar con isto e que te chegue o lume a porta da casa", explica Manuela, veciña de Las Regueras.

A desta fin de semana foi a segunda vaga de incendios que sofre o Principado en quince días. Entre a primeira e a segunda arderon máis de 20.000 hectáreas de terreo. A investigación policial sobre a autoría do lume avanza.

"Vanse cursar cinco denuncias contra cinco persoas identificadas como presuntos responsables dalgúns dos incendios que arrasaron Asturias nos últimos días. A maiores trabállase noutra liña de investigación que podería afectar outros dez sospeitosos", anunciou Adrián Barbón, presidente do Principado.

As autoridades confían en que as chuvias acaben de sufocar os incendios que aínda quedan activos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade