Cargando resultados...
Iker, o primeiro galego do ano nace en Santiago
Iker, o primeiro galego do ano nace en Santiago
Son tres os bebés nacidos nas primeiras horas do un de xaneiro de 2022
Con pouca diferenza horaria nacían María no Cunqueiro en Vigo e Darío na Coruña
G24.gal
01/01/2022 10:54
Un dos protagonistas do día en Galicia chámase Iker. Centra a atención informativa porque el é o primeiro galego que naceu neste 2022, do que agardamos tan boas novas.
Naceu á 1 e un minuto da madrugada no hospital clínico de Santiago. Os seus pais, María e Carlos, son os que nos facilitaron as imaxes porque por protocolo covid, non está permitido acceder ao hospital.
Iker pesou 3,140 quilos. A segunda en nacer foi María, no hospital Álvaro Cunqueiro á 01:07 e o terceiro Darío, que naceu no hospital da Coruña ás 02:17.