Impulso ao hidróxeno verde en Galicia
Impulso ao hidróxeno verde en Galicia
O conselleiro Francisco Conde considera que pode ser unha boa oportunidade de futuro para Galicia
A Consellería de Industria impulsa unha alianza para promover o uso do hidróxeno verde desde a perspectiva industrial.
Esta tarde celebrouse a primeira xuntanza, en que participaron todos os sectores implicados na produción, consumo e coñecemento do hidróxeno verde.
O conselleiro Francisco Conde considera que pode ser unha boa oportunidade de futuro para Galicia.
"Unha oportunidade para promover unha alianza industrial do hidróxeno verde que debe permitir esta colaboración entre os clusters, o coñecemento, as empresas e os propios xeradores de hidróxeno verde para situar a Galicia dentro do desenvolvemento dunha enerxía renovable de futuro, e imos contar cos principais actores", di Conde.