Incendios forestais no Canadá: millóns de estadounidenses afectados polo intenso fume
Incendios forestais no Canadá: millóns de estadounidenses afectados polo intenso fume
Environment Canada dixo que as condicións están a empeorar en Toronto
Máis de 400 incendios forestais seguen arrasando o Canadá. Arderon preto de catro millóns de hectáreas e o lume segue descontrolado.
Milleiros de persoas tiveron que ser evacuadas e o fume estalle afectando á calidade do aire non só de Toronto, senón de todo o nordeste dos Estados Unidos, desde Chicago a Atlanta. Tamén en Nova York, Washington ou Nova Jersey.
Nova York comezará a distribuír máscaras gratuítas hoxe
A gobernadora de Nova York Kathy Hochul anunciou que se distribuirá un millón de máscaras aos residentes do Estado.
“Esta é unha situación temporal. Isto non é COVID-19”, dixo.
A gobernadora agregou que os autobuses e trens da cidade de Nova York teñen sistemas de filtrado de aire de alta calidade que os converten en formas seguras de viaxar.
Os ceos están estes días alaranxados polo fume e as autoridades xa pediron que se evite saír á rúa ou, se se sae, que se poñan máscaras.
As autoridades advirten que se espera que as perigosas condicións de fume persistan durante a fin de semana.
Gran parte do fume provén do Quebec, onde arden 150 incendios
Espérase que máis de 15.000 residentes se vexan obrigados a evacuar a provincia, na que é a peor tempada de incendios rexistrada no Quebec.
Tamén recomendan que calquera persoa que estea ao aire libre use unha máscara.
"Estas partículas finas xeralmente representan o maior risco para a saúde. Con todo, os respiradores non reducen a exposición aos gases do fume dos incendios forestais", dixo o comunicado de Environment Canada