Incrible remonta dun Cangas que chega á última xornada con opcións de permanencia
Incrible remonta dun Cangas que chega á última xornada con opcións de permanencia
Gañou na pista do Torrelavega por 32-33 cunha gran remonta ao final
Evitará o play out cun triunfo diante do Valladolid e a derrota do Cuenca contra o Bidasoa ou do Ángel Ximénez diante do Sinfín
O Cangas Frigoríficos do Morrazo chega á última xornada da Asobal con opcións de permanencia. Déronse os dous resultados que precisaba; gañou o seu partido en Torrelavega (32-33) e o Cuenca perdeu na pista do Nava (35-32). Para evitar o play out precisa a mesma secuencia na última tirada do campionato na que recibirá no Gatañal ao Valladolid e o Cuenca xoga diante do Bidasoa, segundo clasificado.
O partido de Torrelavega foi unha montaña rusa na que os de Cangas comezaron mandando (8-11) pero afundíronse no treito final do primeiro tempo cun parcial de 7-0 co que os locais chegaron ao descanso gañando por catro goles (17-13).
O partido estaba moi costa arriba. A 14 minutos para o final o resultado era de 26-22 e cando quedaban 2:30 para o remate seguía gañando o cadro local por 32-29. Os de Macho Moyano non se renderon e cun Mario Dorado decisivo (3 goles no treito final para facer 10 en total) conseguiron darlle a volta ao resultado (32-33).