Cargando resultados...
Indignación en Cangas coa oficina de atención ao público de Naturgy
Indignación en Cangas coa oficina de atención ao público de Naturgy
As ringleiras para reclamar son excesivas e moitos veciños están fartos do trato da compañía enerxética
G24.gal
09/03/2022 14:11
Indignación entre os veciños de Cangas pola pésima atención na oficina do provedor enerxético Naturgy. Longas e lentas ringleiras que teñen que aturar os clientes con tan só como dicías unha persoa da compañía atendendo no interior.
A maioría vén con reclamacións ou para cambios de tarifa ante a suba dos gastos enerxéticos que non están a ser atendidas en tempo e forma. A situación empeorou na última semana polas vacacións dun dos dous empregados da oficina, o outro declinou atendernos, e as queixas e as reclamacións amoréanse ante a desesperación dos clientes. Esixen un trato digno e solucións urxentes ás súas demandas.