Publicador de contidos
Publicador de contidos

Indignación veciñal en Ponte Caldelas polos constantes ataques de varios cans perigosos

Indignación veciñal en Ponte Caldelas polos constantes ataques de varios cans perigosos

Denuncian que os donos dos animais se desentenden dunha situación xa insostible

G24.gal 13/12/2022 14:17

Conflito en Ponte Caldelas á conta dos cans dun dos veciños. Outros residentes denuncian que os animais lles atacan o gando e que mesmo chegou a agredir unha muller de 90 anos, suceso que se vai xulgar a próxima semana.

Os cans teñen atemorizados e preocupados os veciños de Anceu. Dous deles, por sorte, foron xa trasladados á canceira e o seu dono sancionado despois do último ataque no que feriron dúas ovellas e mataron outras dúas e unha cabra. E a gota que rebordou a paciencia da veciñanza.

Atacaron a carteira e varios veciños. Os seus donos, denuncian os afectados, son os verdadeiros culpables da situación. Mesmo empurraron unha anciá cando lles recriminou a súa actitude cos animais. Os veciños temen que os donos dos cans traian novos exemplares e que a situación non se arranxe despois deste último ataque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade