Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa en prisión o presunto autor dun roubo nun banco da Ponte do Porto

Ingresa en prisión o presunto autor dun roubo nun banco da Ponte do Porto

Accedeu empuñando unha arma de fogo coa que agrediu e intimidou o único empregado que atendía a sucursal e subtraeu un total de 44.000 euros

G24.gal 25/04/2024 11:57 Última actualización 25/04/2024 21:05

Axentes da Garda Civil detiveron un veciño de Malpica como presunto autor dun delito de roubo con intimidación e violencia e tentativa doutro en sucursais bancarias da provincia. A operación iniciouse o 23 de febreiro, cando se frustra o primeiro intento de roubo a unha sucursal da localidade de Esteiro (Muros), onde o presunto autor non chega a acceder ao banco porque o empregado lle impediu a entrada.

Catro días máis tarde, o mesmo autor asalta outra sucursal bancaria da Ponte
do Porto, en Camariñas
, onde, tras acceder empuñando unha arma de fogo coa que agride e intimida o único empregado que atendía a sucursal, consegue subtraer un total de 44.000 euros, deixando inmobilizada a vítima.

O presunto autor, veciño da localidade de Malpica de Bergantiños, atopábase cumprindo condena por feitos similares, aínda que ao acceder ao terceiro grao penal gozaba de saídas e permisos durante os cales se cometeron os feitos esclarecidos.

Entre as actuacións levadas a cabo, procedeuse a realizar unha entrada e rexistro no domicilio do detido autorizado pola Autoridade Xudicial, onde se interviñeron efectos de interese para a investigación. O detido, unha vez posto a disposición do Xulgado de 1º Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, tras prestar declaración, a titular do xulgado acordou o seu ingreso en prisión sen fianza e comunicada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade