Cargando resultados...
Interior traslada a prisións vascas os terroristas Txapote e Parot
Interior traslada a prisións vascas os terroristas Txapote e Parot
Os dous foron xefes da ETA
G24.gal
31/08/2022 19:21
Institucións Penitenciarias, dependente do Ministerio do Interior, autoriza o traslado a cárceres vascos de dous exxefes da ETA, Txapote e Parot.
Txapote é un dos exdirixentes da banda terrorista co maior número de crimes, entre eles, o de Miguel Ángel Blanco ou o de Fernando Múgica. Sobre el pesa unha condena acumulada de 30 anos de cadea.
Henri Parot, está na prisión de León cumprindo unha condena acumulada de 41 anos. Canda Parot e Txapote, Interior autorizou o traslado doutros 11 presos da ETA.