Interrompida a circulación dos trens Feve ao descarrilar un convoi en Ortigueira
Interrompida a circulación dos trens Feve ao descarrilar un convoi en Ortigueira
O tren cubría o traxecto entre Ferrol e Oviedo
Un tren de Feve que cubría o traxecto entre Ferrol e Oviedo sufriu un descarrilamento na tarde deste martes tras impactar contra unha árbore ao seu paso polo municipio de Ortigueira.
No incidente non se rexistraron feridos. No convoi ían un pasaxeiro e o maquinista, que resultaron ilesos.
Como consecuencia do impacto contra a árbore saíuse da vía o primeiro eixo de convoi. Ata a zona mobilizouse persoal do Adif para valorar os danos e proceder ao encarrilamiento do tren o máis axiña posible.
Ao mesmo tempo, activouse un plan alternativo de transporte por estrada para garantir a mobilidade dos viaxeiros.
O tren partiu da estación de Ferrol ás 15,30 horas e tiña prevista a súa chegada á capital asturiana ás 23,05 horas.