Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprehendidas máis de 15 toneladas de peixe espada nun camión na ponte de Rande

Aprehendidas máis de 15 toneladas de peixe espada nun camión na ponte de Rande

Axentes da Garda Civil descubriron a carga sen as etiquetas obrigatorias para acreditar a súa trazabilidade nun dispositivo de control realizado en xuño

 O comercializador pretendía trasladalas a Italia agochadas con outra mercadoría documentada

 

Axentes da Garda Civil precintan a carga intervida/ Garda Civil Axentes da Garda Civil precintan a carga intervida/ Garda Civil
G24.gal 02/09/2023 11:04

Axentes da Garda Civil de Pontevedra incautáronse de máis de 15 toneladas de peixe espada sen a correspondente documentación de trazabilidade nun camión, cando pasaba pola ponte de Rande. 

O operativo de control establecérono o 15 de xuño, axentes do Seprona e a PAFIF de Vigo nun dispositivo conxunto orientado ao control do tráfico de mercadorías por estrada sobre a N-552 ao seu paso por Rande dentro as súas respectivas funcións de protección da natureza e na loita contra o contrabando.

Durante o control, déuselle o alto a un camión con semirremolque frigorífico que transportaba peixe conxelado. Requirida a documentación pertinente ao condutor, este presentou un documento de uso interno, sen validez para amparar o transporte e que, ademais, declaraba 5.000 quilos menos de carga.

Examinado o interior da caixa do camión, comprobouse que o pescado transportado, peixe espada conxelado, tamén carecía das etiquetas identificativas obrigatorias para acreditar a súa trazabilidade. Ante as evidencias de que se trataba dun transporte ilícito de alimentos, os axentes requiriron apoio do Servizo de Seguridade Alimentaria da Xunta, que, tras o seu exame, procederon a inmobilizar e precintar de xeito cautelar o peixe espada que alcanzaba un peso de 15.554 quilos, cun valor no mercado de ao redor dos 230.000 euros.

Nas posteriores investigacións, comprobouse que estivera almacenado entre outros lotes legais nun coñecido frigorífico da zona e fora vendido a un comercializador que pretendía trasladalo a Italia mesturado con outras partidas de mercadoría documentadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade