Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a morte dun home atropelado por un tren en Valga

Investigan a morte dun home atropelado por un tren en Valga

No lugar xa ocorreran no pasado outros accidentes mortais

O tráfico ferroviario na liña quedou interrompido unhas horas

A Garda Civil abriu unha investigación

G24.gal 11/01/2022 19:59

Un home morreu atropelado por un tren na parroquia de Campaña, no concello de Valga, preto de Padrón. 

O falecido era un varón de 48 anos ao parecer veciño da zona. No lugar do sinistro xa ocorreran no pasado outros accidentes mortais.

O tráfico ferroviario na liña quedou interrompido unhas horas e os pasaxeiros do tren implicado chegaron a destino tras un transbordo a outro. A Garda Civil abriu unha investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade