Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan as 'carreiras' de barcos ao atracar na illa de Ons

Investigan as 'carreiras' de barcos ao atracar na illa de Ons

A Garda Civil denunciará as dúas navieiras con servizo na illa

G24.gal 24/08/2022 20:03 Última actualización 24/08/2022 21:08

A Garda Civil vai denunciar as dúas compañías navieiras que operan en Ons por velocidade e manobras non axeitadas á hora de atracar na illa.

Co gallo dun vídeo que circula nas redes, investigarán se son ou non habituais as 'carreiras' dos barcos que aceleran e se estorban para seren os primeiros en atracar. Polo visto, intentan atracar no sitio que máis facilita as manobras e o desembarco de pasaxeiros.

De feito, no momento da gravación, levaban pasaxeiros a bordo pero no peirao amarrara unha patrulleira da Garda Civil, testemuña do sucedido.

Unha das navieiras xa expedientou o seu empregado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade