Investigan un veciño de Ourense por tentar matar a muller
Investigan un veciño de Ourense por tentar matar a muller
O suposto agresor caeu por unha fiestra e permanece ingresado en estado grave
A vítima tamén está no hospital con lesións no rostro e nun brazo
A Policía Nacional de Ourense investiga o suposto intento de homicidio por parte dun home á súa parella, ocorrido no barrio de Covadonga na madrugada do domingo ao luns.
Os feitos producíronse na rúa Cibeles, onde o suposto autor deste crime machista, de 51 anos, tratou de matar a muller e acabou caendo por unha fiestra.
Os dous permanecen ingresados nun centro hospitalario, el con feridas graves e ela con lesións nun brazo e no rostro.
A policía agarda poder tomar declaración ao home, a quen lle atribúe un delito de homicidio en grao de tentativa, e en canto se lle dea a alta poñelo a disposición xudicial.