Irene Montero apela á Constitución para topar as hipotecas, e Calviño di que a medida poría en risco a estabilidade financeira
Irene Montero apela á Constitución para topar as hipotecas, e Calviño di que a medida poría en risco a estabilidade financeira
Irene Montero apela á Constitución para topar as hipotecas, e Calviño di que a medida poría en risco a estabilidade financeira
Goirigolzarri (CaixaBank) sobre o mercado hipotecario español: "Funciona francamente ben: grazas a el o 76 % das familias españolas tiveron acceso á vivenda"
As ministras de Podemos defenden que poñer tope ao euribor para frear a suba das hipotecas é urxente e posible legalmente. Irene Montero defende que "simplemente acudindo á Constitución hai motivos suficientes para actuar. O artigo 128 di que toda a riqueza do país, fora a fora a súa titularidade, pública ou privada, está ao servizo do interese xeral".
A rama morada do executivo di que vai perseverar nesta proposta, como fixo coa intervención do mercado eléctrico ou o da vivenda. "Conseguimos conxelar os arrendamentos, pero leve meses pedindo a conxelación das cotas hipotecarias", lembraba Yolanda Díaz.
Pero a ala económica, socialista, do executivo, rexeita de plano esta medida. Di Nadia Calviño que os cidadáns xa teñen opcións para aliviar a hipoteca, e que a conxelación non pode ser unha medida estrutural. "Non podemos cambiar o funcionamento dun mercado como hipotecario. E toda a xente que subscribiu unha hipoteca a tipo fixo? Non podemos prexudicar unha parte dos cidadáns".
Na presentación das contas de CaixaBank, que en 2022 gañou 3.145 millóns de euros, o seu presidente defendía o sistema hipotecario. "Que funcionou e funciona francamente ben. Grazas a el o 76 % das familias españolas tiveron acceso á vivenda. Debemos ser moi coidadosos en calquer modificación", dixo Goirigolzarri.
Na mesma liña se pronunciaban os presidentes de BBVA e Santander, que advertían do risco dunha reforma. Para Ana Botín "o que non se pode é chegar a acordos ou poñer condicións que expulsen do mercado hipotecario os máis vulnerables".
Di a banca que as subas dos tipos de xuro é normal tras a anomalía de tipos negativos nos últimos seis anos.