Publicador de contidos
Publicador de contidos

Isabel Faraldo foi elixida nova líder de Podemos Galicia co 80 % dos votos

Isabel Faraldo foi elixida nova líder de Podemos Galicia co 80 % dos votos

Faraldo obtivo 710 votos dos 833 emitidos para elixir a Asemblea Cidadá de Podemos Galicia

Os outros 173 votos foron en branco, segundo indica a formación.

G24.gal 14/12/2024 12:57

Isabel Faraldo foi ratificada este sábado como nova líder de Podemos Galicia co 80,4 % dos apoios nas primarias celebradas para elixir a Asemblea Cidadá da formación en Galicia na que participaron 833 persoas.

Faraldo, a única candidata no proceso, recibiu 710 de votos mentres que os outros 173 foron en branco, segundo indica a formación.

A nova líder de Podemos Galicia foi a candidata da formación violeta nas eleccións autonómicas de febreiro, nunha candidatura separada da de Sumar e que obtivo menos de 4.500 votos,            o 0,29% do total.

Isabel Faraldo substitúe no cargo a Borja San Ramón, quen en decembro de 2022 fíxose co liderado da formación tras o mandato do exdiputado Antón Gómez-Reino. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade