Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javi Rodríguez, MVP de novembro: "Imos a Sevilla a gañar"

Javi Rodríguez, MVP de novembro: "Imos a Sevilla a gañar"

O canteirán marcou un gol e deu unha asistencia nos partidos do pasado mes

G24.gal 11/12/2024 20:06

Está a ser unha temporada moito máis exitosa do que contaba Javi Rodríguez. O central alterna titularidade con Manquillo e agora aproveita a lesión do seu compañeiro para ser indiscutible na defensa. Javi completou un gran mes de novembro no que foi considerado o Mellor Xogador do Celta. Ademais do seu bo traballo na retagarda engadiu un gol diante do Betis e unha asistencia. 

Javi Rodríguez, en declaracións á canle do club, recoñeceu que estaba "moi orgulloso. Sen os meus compañeiros non sería posible". O defensa está contento co rendemento do equipo ao que lle daría unha nota "dun 7'5 ou un 8 e espero que o mes de decembro veña mellor". O vindeiro rival será o Sevilla, partido que veremos o sábado na Televisión de Galicia ás 18:30 horas. "Queremos dar unha boa imaxe fóra da casa e imos ir alí a gañar", asegurou Rodríguez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade