Jesús mantén o oficio de talabarteiro a pesar do perigo de extinción
Jesús mantén o oficio de talabarteiro a pesar do perigo de extinción
Jesús segue traballando o coiro aos seus 91 anos
Os oficios dos artesáns están perigo de extinción. Nunha talabartería, no concello ourensán de Maceda, unha familia leva máis dun século traballando con moita arte o coiro á man.
Jesús Blanco ten 91 anos e lembra cando o oficio de talabarteiro tiña moito traballo. Facía todo tipo de apeiros para a labranza, para os carros e as bestas, cousas que di xa case non se empregan.
Acabouse o traballo artesán como el o entendía, pero Jesús transmitiulle o amor polo coiro ao seu fillo Ramón, e el continúa co negocio familiar, un taller e unha tenda en Maceda viva desde o ano 1890.
Fai cousas novas e modernas, pero tamén continúa cos colares para as vacas ou os cintos para as chocas do Entroido, labrando e cosendo o coiro á man. Ramón é un artesán que mantén a tradición familiar.