Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas gaña a Mayar Sherif e accede á segunda rolda en Madrid pola vía rápida

Jessica Bouzas gaña a Mayar Sherif e accede á segunda rolda en Madrid pola vía rápida

A galega medirase en segunda rolda coa polaca Magdalena Freçh, número 27 do ránking WTA

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 22/04/2025 17:03 Última actualización 22/04/2025 17:09

A galega Jessica Bouzas, número 69 do mundo, logrou este martes o pase á segunda rolda do torneo WTA 1.000 de Madrid ao gañar na súa estrea á exipcia Mayar Sherif por 6-3 e 6-1 nunha hora e doce minutos.

Bouzas, de 22 anos, impúxose con claridade a Sherif, que quedou eliminada apenas dous días despois de gañar ITF 100 Vila de Madrid á conta da mexicana Renata Zarazúa.

A tenista vilagarciá, na súa quinta participación no torneo madrileño, completou un partido perfecto, no que chegou a ter un 74 % de acertos no primeiro servizo e un 78 co segundo, uns números aos que o seu rival non se achegou ao cometer numerosos fallos. Jessica Bouzas medirase en segunda rolda coa polaca Magdalena Freçh, número 27 do ranking WTA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade