Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jon Rahm loce a chaqueta verde do Masters de Augusta

Jon Rahm loce a chaqueta verde do Masters de Augusta

O vasco gaña a edición de 2023 superando na derradeira xornada a Koepka

É o sexto título para o golf español despois dos triunfos logrados por Ballesteros, Olazábal e Sergio García

G24.gal 10/04/2023 00:11 Última actualización 10/04/2023 01:16

Corenta anos despois do último Masters de Augusta de Seve Ballesteros, un rapaz biscaíño de Barrika, Jon Rahm, logra o seu primeiro Masters dominando o torneo de principio a fin. 

Despois dun primeiro día perfecto mantívose xusto por detrás de Brooks Koepka durante as seguintes xornadas marcadas polas malas condicións meteorolóxicas. 

No último día aguantou mellor a presión que Koepka, co que compartiu percorrido. Principiou dous golpes por abaixo e acabou logrando a súa primeira chaqueta verde, a sexta para o golf español despois das logradas por Ballesteros (80, 83), Olazábal (94, 99) e Sergio García (2017).

É o segundo grande de Rahm, que xa gañara o US Open en 2021 e neste 2023 chegaba con tres vitorias no circuíto americano. Esta foi a sétima participación de Rahm no Masters de Augusta. Nas seis anteriores conseguira acabar entre os dez primeiros en catro edicións. Desta volta consegue o meirande éxito da súa xa dilatada traxectoria deportiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos