Publicador de contidos
Publicador de contidos

José González: "O servizo contra os incendios está totalmente preparado"

José González: "O servizo contra os incendios está totalmente preparado"

A Xunta aprobou este xoves o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais (Pladiga)

G24.gal 03/06/2022 13:08

O conselleiro do Medio Rural, José González, afirma que manteñen a alerta pola seca ante a posibilidade de que aumenten os incendios forestais, pero insiste en que o servizo da Xunta está preparado. Asegurouno nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega.

"Fixemos a incorporación do persoal de seis meses no mes de maio, a primeiros de maio, aínda que non estaba aprobado o Pladiga. Estamos evidentemente coas cautelas necesarias ante un posible ano seco pero os cidadáns e as cidadás deben saber que o servizo está totalmente preparado", afirmou o conselleiro.

González explicou ademais que a Xunta fixo máis de 860.000 comprobacións en propiedades para confirmar se os donos cumprían a lei e limparan os arredores das casas. Houbo 180.000 notificacións para advertir a aqueles que tiñan os montes sen rozar nas zonas de seguridade.

Explicou que o Pladiga, que onte aprobou o Consello da Xunta, recolle a instalación de máis cámaras de vixilancia nos montes, sobre todo en Ourense, e tamén medidas para concienciar e formar os veciños.

Fóra diso, José González tamén destacou que os gandeiros están cobrando o leite, por primeira vez, a máis de 40 céntimos por litro e apuntou que agora os esforzos se van centrar nos gandeiros da carne de becerro, que están perdendo un euro por cada quilo de carne producida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade