José Ríos: “A moitos suízos non lles gusta que Martin diga que seu pai é galego”
A estrela do curling olímpico, de orixes galegas
No Zona mixta falaron co pai de Martin Ríos, a estrela hispano-suíza do curling olímpico. Martin Ríos ten nacionalidade suíza e é fillo dun emigrante do Carballiño, José.
Compite con Suíza no equipo mixto deste deporte
"Martín xogou xa e perdeu 7 a 6. O curling é un deporte complicado, pero estou contento porque xogaron ben. Mañá xogan contra Italia ás 2 da madrugada. Nós vivimos a 70 quilómetros de Zúric con moita vaca, montaña, frío... e neve, claro".
"Eu marchei de Galicia hai 52 anos e volvemos cada ano. Martín tamén vén con nós, agás coa pandemia, que faltamos estes dous anos. El cando vai a Galicia fala galego e aprende moi rápido. Presume de galego e do Real Madrid. Eu son do Barça e el métese moito comigo por ese tema".
Unha afección polo deporte que lle vén de pequeno
Nun país de montañas e neve onde este deporte é relixión, Martin enseguida amosou interese polo curling.
"Martin empezou a ir ás pistas de xeo aquí en Suiza con 10 ou 12 anos e acabou sendo campión de Suiza varias veces. Pero non dá para vivir só do curling. Aquí en Suíza a afección por este deporte é incrible".