Judith Rodríguez, un exemplo como deportista e un referente como muller
Judith Rodríguez, un exemplo como deportista e un referente como muller
No 2018, tras sufrir un grave accidente polo que tivo lesións de importancia nun brazo e perdeu unha perna
Con apenas dous anos de experiencia na paraesgrima, gañou a copa do mundo do Brasil
Con 22 anos, Judith Rodríguez, promesa nacional de esgrima, pensou que nunca volvería practicar o seu deporte. Foi no 2018, tras sufrir un grave accidente polo que tivo lesións de importancia nun brazo e perdeu unha perna.
Pasou momentos duros, pero ano e medio despois animouse a probar a esgrima adaptada. Con apenas dous anos de experiencia na paraesgrima, gañou a copa do mundo do Brasil, na súa primeira proba internacional.
Había trinta anos que a esgrima adaptada española non conseguía un ouro internacional, pasaron doce da última medalla. Pero, máis alá dos resultados, Judith é un exemplo como deportista, un referente como muller. Seguirá loitando, por cumprir o seu soño, participar nuns xogos.
La @FEDEDDF consigue dos nuevos éxitos y rompe barreras internacionales 👩🏽🦽👏🏼
— ADESP, Asociación del Deporte Español (@depespana) April 21, 2022
🥇🤺La gallega, @rodriguezjudi, ha ganado el oro en la Copa del Mundo de Esgrima en silla de ruedas en São Paulo. pic.twitter.com/q0QHLTR4OJ