Publicador de contidos
Publicador de contidos

Julio Bernárdez lanza unha mensaxe de concordia no regreso de Sergi Quintela a Lugo

Julio Bernárdez lanza unha mensaxe de concordia no regreso de Sergi Quintela a Lugo

Julio Bernárdez: "As relacións deportivas teñen que estar baseadas no respecto, educación e no caso de Lugo, no recoñecemento e admiración a persoas que pasaron por aquí"

G24.gal 17/09/2024 12:02 Última actualización 17/09/2024 12:12

Este martes presentouse a Copa Galicia no restaurante España e contou coa participación do presidente da federación galega de baloncesto, Julio Bernárdez; o delegador territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o concelleiro de deportes, Jorge Bustos; Iria Castro, deputada da área de Cultura da Deputación de Lugo.

Julio Bernárdez destacou o gran traballo da institucións e os organizadores, ademais de lanzar unha mensaxe de concordia no medio das rivalidades existentes, sen nomealo exactamente, pero co tema Sergi Quintela de fondo e a súa saída do Río Breogán ao Obradoiro.

"As relacións deportivas teñen que estar baseadas no respecto, educación e no caso de Lugo, no recoñecemento e admiración a persoas que pasaron por aquí. Infinidade de compañeiros meus xogaron no Río Breogán e outros equipos; hai que marcar liña moi clara entre rivalidade sa e o respecto absoluto", asegurou.

A Copa Galicia terá outras actividades complementarias como un programa especial de O noso básket o sábado desde as 19.30 horas na sala de reunións do edificio administrativo da Xunta en Lugo e que está aberto ao público en xeral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos