Publicador de contidos
Publicador de contidos

Junts reitera que non haberá presupostos mentres o Goberno non cumpra os acordos

Junts reitera que non haberá presupostos mentres o Goberno non cumpra os acordos

Os socialistas buscan reconducir as relacións co grupo de Puigdemont

G24.gal 12/12/2024 15:01

A Junts non lle saen as contas. Un ano despois do apoio á investidura de Pedro Sánchez, advirte dos acordos incumpridos.

"Movan o cu, paguen o que lles deben aos cataláns", di Míriam Nogueras.

É a chamada de atención dos de Puigdemont na última sesión de control ao Goberno. A portavoz no Congreso reitera agora que non haberá negociación de presupostos se non hai avances no xa acordado. 

 "Hai demasiadas carpetas abertas sen pechar. Polo tanto non se vai abrir unha carpeta nova se non se pechan as que quedan pendentes", advirte Míriam Nogueras.

Desde o PSOE réstanlles importancia a estas ameazas. 

"Isto demostra que a vida parlamentaria estase convertendo nun xogo para buscar titulares", asegura o deputado do PSC, José Zaragoza.

E aseguran que están abertos a seguir dialogando.

"O Goberno non deixou de mover o cu desde o primeiro momento", di Ángel Víctor Torres. Ministro de Política Territorial.

Pero Junts mantén a tensión e ábrese a pactar iniciativas co Partido Popular como a suspensión do imposto á xeración eléctrica. 

"Pregúntelle a Junts", responde Alberto Núñez Feijóo, Presidente do Partido Popular.

Os vetos cruzados, tamén dos grupos de esquerdas, complican as contas para o 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade