Publicador de contidos
Publicador de contidos

Kíiv fortalece a defensa de Bakhmut

Kíiv fortalece a defensa de Bakhmut

Zelenski dá conta das conclusións da reunión cos mandos do exército: mandarán máis tropas a Bakhmut

Prighozin, o líder do Grupo Wagner, pide munición e reitera a importancia do seus mercenarios para Moscova

A batalla pola cidade leva xa sete meses, con milleiros de mortos

G24.gal 07/03/2023 06:26

O exército de Kíiv fortalecerá a defensa de Bakhmut, os xenerais están a favor de enviar máis forzas á cidade do Donbás, segundo comunicou Zelenski.  O presidente ucraíno reitera que seguirán loitando por cada parte de Ucraína, sen pensar en ceder terreo a Rusia.

O líder das tropas de Wagner, os mercenarios que loitan en nome do Kremlin por esa cidade clave, quéixase da falta de municións e insiste en que a súa compañía militar é clave para Moscova.

Bakhmut segue baixo o control de Kíiv logo de sete meses de batalla, cun saldo enorme de falecidos, que se contan por milleiros, e centos de edificios totalmente destruídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade