Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lalín pon en marcha un plan pioneiro contra as velutinas

Lalín pon en marcha un plan pioneiro contra as velutinas

Colocará 284 trampas repartidas por diferentes parroquias

O repartimento farase en función dos avisos recibidos a Emerxencias no ano anterior
 

G24.gal 24/04/2024 14:59

O Concello de Lalín acaba de activar un plan pioneiro de loita contra as velutinas. Instalarán un total de 284 trampas repartidas por todo o concello, farán seguimento e rexistro que, finalmente, formarán parte dun estudo da efectividade.

Víctor Blanco, xefe de Emerxencias e Protección Civil de Lalín di que van "colocar as trampas baseándose e n estudos que fixeron os técnicos de Medio Ambiente sobre os avisos dos últimos anos. Por iso é moi importante  chamar o 112 se vemos un niño de velutinas porque segundo eses avisos a cada parroquia lle corresponde un número de trampas.  As trampas van estar xeorreferenciadas de tal xeito que van ter un seguimento da cantidade de velutinas que se van capturar"

Unha aplicación rexistrará todas as trampas, debidamente identificadas, e faralles seguimento. Antes de colocar a trampa hai que facer a mestura do repelente. Di Víctor Blanco que "a mestura non pode levar tempo feita, de tal xeito que, unha vez feita, hai que colocar as trampas". Unha vez feita a mestura os equipos de emerxencias, encargados en Lalín de instalar as trampas, diríxense ata unha das parroquias onde se van colocar. Cómpre que este a un metro vinte de altura. 

En  2023 o Concello de Lalín retirou cinco veces mais niños de velutinas que o ano anterior. As trampas recárganse cada 15 días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade