Publicador de contidos
Publicador de contidos

Laura Borràs perde a acta de deputada e o Parlament elixirá novo president o día 9

Laura Borràs perde a acta de deputada e o Parlament elixirá novo president o día 9

A Xunta Electoral Central xa retirou a acta a Borràs e expediu a acta de deputado ao seguinte membro da lista de JxCat

G24.gal 01/06/2023 19:56 Última actualización 01/06/2023 20:22

A presidenta suspendida do Parlament Laura Borràs perdeu este xoves 1 de xuño a acta de deputada, tras desestimar o Tribunal Supremo o recurso de medidas cautelares que presentara a cámara. O parlamento catalán elixirá novo president o venres 9 de xuño.

Borràs foi condenada a catro anos de prisión e trece de inhabilitación polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña polos delitos de prevaricación e falsidade documental cando dirixía a Institución das Letras Catalás.

A Mesa do Parlament tomou " nota" da notificación e constatou que a Xunta Electoral Central xa retirou a acta a Borràs e expediu a acta de deputado ao seguinte membro da lista de JxCat pola circunscrición de Barcelona.

O pleno extraordinario do Parlament destinado a elixir un novo presidente da cámara fixouse para o venres 9 de xuño.

JxCat non se opuxo na reunión da Xunta de Portavoces á convocatoria deste pleno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade