Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lesmes dimitirá a vindeira semana se PP e PSOE non renovan o CXPX

G24.gal 29/09/2022 17:42

O presidente do Supremo e do CXPX, Carlos Lesmes, anunciou aos vogais do Consello que dimitirá a próxima semana se non hai unha posibilidade de acordo clara entre o PSOE e o PP para renovar o órgano de goberno dos xuíces.

Lesmes, ademais, comunicou aos vogais o informe que determina quen debería substituílo ante a ausencia de negociacións entre PSOE e PP para renovar o Consello, que leva case catro anos en funcións.

Os vogais conclúen que, se finalmente renuncia, entón nese momento debaterase sobre o informe, pero non antes porque "non ten ningún sentido".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade