Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lesmes formaliza hoxe a súa dimisión como presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial

Lesmes formaliza hoxe a súa dimisión como presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial

A renuncia abre unha crise institucional sen precedentes 

Sánchez convoca a Feijóo a unha reunión urxente na Moncloa 

G24.gal 10/10/2022 07:55

Carlos Lesmes cumpre a súa promesa e hoxe deixa o cargo como presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo.  Hai un mes que avisou que marcharía se non había avances nas negociacións entre PSOE e PP para renovar o órgano dos xuíces, que leva caducado case catro anos. 

Marcha sen lograr que o Consello pactase os dous candidatos que lle competen ao Tribunal Constitucional e con iso pode abrir a porta a unha nova crise pola sucesión.  Encargou un informe ao gabinete técnico que concluía que o seu substituto debe ser o actual vicepresidente interino Francisco Marín Castán, pero algúns vogais ameazan con resistirse a ese nomeamento. Sinalan o membro de maior idade, Rafael Mozo, e o proceso podería rematar nunha bicefalia. 

A dimisión de Lesmes abre unha crise sen precedentes e levou o presidente do Goberno a convocar o líder da oposición ás 10:30 desta mañá na Moncloa. Fontes do executivo din que Sánchez instará a Feijóo a cumprir coa Constitución e a desbloquear xa a renovación do Consello.
E Feijóo respondeu. Di que acode coa mellor disposición e reitera a súa oferta de pacto para garantir a independencia da xustiza cambiando o modelo de elección dos xuíces. 

Hai máis reaccións políticas, como a dos socios de coalición, Unidas Podemos. O voceiro Pablo Echenique critica a Lesmes por levar catro anos nun posto caducado. 
En Ciudadanos lamentan a dimisión. E defenden que os xuíces os elixan os xuíces, na liña do Partido Popular. 

E entre as asociacións xudiciais e fiscais, a maioría celebran a dimisión de Lesmes porque agardan que sirva para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade