Publicador de contidos
Publicador de contidos

Levan oito anos demandado que lles corten os eucaliptos lindeiros

Levan oito anos demandado que lles corten os eucaliptos lindeiros

Temen que lles caian enriba da casa co vento ou que lles pegue o lume 

A Valedora do Pobo avalou a súa demanda e instou o Concello a actuar 

O Concello de Cabana abriu expediente sancionador e pretende incluír a corta no plan contra incendios do SEAGA 

G24.gal 16/01/2023 14:26

Unha familia do lugar dos Bouces, en Cabanas, leva máis de 40 anos vendo medrar os eucaliptos que prenderon nas leiras que lindan cun dos costados da sua casa. As árbores foron acadando unha altura que estes veciños consideran preocupante e levan xa anos tentando que se tomen medidas. Dinito e Ana temen que lles caian enriba da casa co vento ou que lles prenda lume. 

"Levamos loitando desde o ano 2015 que eu fixen un escrito a Xunta para que os quiten porque isto é un perigo"

"Pasamos moito medo porque aquí bate moito o vento e só co ruído que fai xa lle pon medo a calquera "

Por iso non deixan de insistir en todas as instancias para que corten as árbores como marca a lei para manter a distancia con zonas habitadas. Mesmo apelaron á Valedora do Pobo que avalou a súa demanda e instou ao concello á actuar. O Concello de Cabanas publicou o requirimento apelando aos propietarios deste e doutros terreos na mesma situación o 14 de decembro de 2021. Esta parella non entende a razón da pasividade municipal, que é a quen lle compete actuar, segundo a lei, cando o propietario non o fai.

No concello de Cabanas din que se están abrindo expedientes sancionadores contra todos os propietarios que incumpren a obriga de manter limpos os lindes. Pero tamén recoñecen que asumir directamente o traballo en caso de incumprimento é algo inviable, por iso, igual que fan outros concellos, están negociando coa Xunta que estas actuacións entren nos plans de loita contra incendios que realiza o SEAGA. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade