Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberan unha menor obrigada a exercer a prostitución nun piso de Lugo

Liberan unha menor obrigada a exercer a prostitución nun piso de Lugo

Tres mulleres, entre elas unha tía da vítima, foron detidas e están investigadas por proxenetismo e  por tráfico de droga

G24.gal 09/06/2022 12:08

A Policía Nacional detivo tres mulleres de orixe brasileira por reter a unha menor e obrigala a exercer a prostitución nun piso da cidade de Lugo.

Dúas delas ingresaron xa en prisión tras pasaren a disposición do Xulgado de Instrución número 1., o que fará este mesmo xoves a teceira detida. O operativo policial desenvolveuse durante a madrugada do domingo ao luns, "sobre as catro da mañá", cando os axentes "liberaron" a menor que agora, casualmente, acaba de cumprir a maioría de idade.

Foi unha "persoa que andaba pola rúa, que parou a unha patrulla e indicoulle o que estaba a pasar, que recibira unha chamada telefónica dunha amiga que lle dixo que estaba a ser forzada a exercer a prostitución nun piso" de Lugo, detalla o portavoz policial.  

A rapaza, de nacionalidade brasileria, chegou a Lugo en abril, sendo menor de idade. Foi unha tía súa quen a trouxo a España pra logo, presuntamente obrigala a prostiturise nun piso do barrio lucense da Piringalla, na rúa Illas Canarias.

A tía da vítima, a que a vixiaba, e a dona do piso convertido en prostíbulo, no que ademais proporcionaban drogas aos clientes.

Operación contra a prostitución en Vigo

Esta é a segunda operación destas características que se desenvolve esta semana en Galicia, despois de que a Policía Nacional detivese a 14 persoas e liberase a tres vítimas tras desarticular unha organización dedicada á explotación sexual en clubs de alterne e casas de citas na área de Vigo.

Esta causa está en mans do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, que continúa coas dilixencias.Polo de agora decretouse prisión provisional comunicada e sen fianza para os dous presuntos líderes da rede polos supostos delitos de organización criminal, comercio de seres humanos con fins de explotación sexual e favorecemento da inmigración ilegal.

Por outra banda, axentes da Unidade Central de Redes de Inmigración Ilegal analizan a documentación intervida nos rexistros e buscan máis vítimas.        

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade