Cargando resultados...
Libreiros e lectores celebran o Día do Libro
Libreiros e lectores celebran o Día do Libro
As librerías aplican un desconto dun 10% nas compras
G24.gal
23/04/2022 14:37
A librería Berbiriana celebrou hai uns días o seu sétimo aniversario. Nestes anos conseguiu afianzar o seu proxecto na Coruña e converterse nun punto de encontro cultural moi activo. Neste ecosistema de papel atopamos a José Luis, profesor de literatura, preocupado por contaxiar o seu amor polos libros entre o seu alumnado adolescente.
Cada 23 de abril, máis de cen países de todo o mundo celebran que existen os libros. É un día de festa para as librerías, que programas actividades culturais e aplican descontos nas vendas.
Os índices de lectura melloran. Aínda así, máis do 35% da poboación española recoñece non ler nunca ou case nunca.