Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizados 1.200 quilos de haxix nun camión que transportaba froita a Italia

Localizados 1.200 quilos de haxix nun camión que transportaba froita a Italia

O vehículo foi localizado cando o condutor fixo unha manobra para evadir un control da Garda Civil en Zaragoza

 A droga estaba oculta no habitáculo destinado ao sistema de refrixeración

O haxix estaba distribuído en 224 paquetes

G24.gal 02/03/2024 19:42 Última actualización 02/03/2024 20:10

A Garda Civil localizou preto de 1.200 quilos de haxix ocultos no sistema de refrixeración dun camión que transportaba froita e hortalizas a Italia. Ese espazo fora modificado. Contiña 224 paquetes de droga. 

O camión foi localizado cando o condutor fixo unha manobra para evadir un control da Garda Civil en Zaragoza.

"Inmediatamente os compañeiros de Tráfico que traballaban nese dispositivo interceptan o camión minutos despois. No momento da identificación do condutor compróbase que ten antecedentes con feitos relacionados con substancias estupefacientes", di Ana Cristina Otín, portavoz da Garda Civil.

Os axentes realizaron unha inspección do vehículo e un can detector de droga deu cos paquetes de haxix.

"Utilizando un touro mecánico procédese a extraer toda a carga de froitas e verduras do camión, unha vez que volve pasar o can detector de drogas e volve marcar o mesmo lugar, verifícase que o sistema de refrixeración está manipulado. Cando se extrae a reixa é cando se comproba que non está o motor de refrixeración e que se utilizou para ocultación de drogas", engade a voceira da Garda Civil.

O condutor de 40 anos quedou detido e as 13 toneladas de froitas e hortalizas que transportaba foron doados ao banco de alimentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade