Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota
Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota
O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular
Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos.
Foi un particular o que rescatou o corpo e contactou co 112 Galicia ás 12:25 horas do mediodía para informar do sucedido. No seu relato indicaba que sacara da auga unha persoa que parecía estar afogada na praia de Caldebarcos, en Carnota.
Os xestores do 112 Galicia informaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales mobilizaron o helicóptero con base en Ourense, aínda que a pesar dos esforzos non se puido facer nada pola vida da persoa.
A maiores tamén se informou do sucedido o Servizo de Gardacostas de Galicia e os axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como os efectivos de Protección Civil de Carnota. Con todo, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.