Publicador de contidos
Publicador de contidos

Longas ringleiras de viaxeiros no aeroporto de Alvedro á espera dun taxi

Longas ringleiras de viaxeiros no aeroporto de Alvedro á espera dun taxi

O servizo está á espera dun convenio entre os taxistas de Culleredo e A Coruña para responder á demanda

G24.gal 05/10/2023 14:27

A cidade acolle estes días aos 1.500 participantes nun congreso hospitalario que desbordou a demanda coincidindo coa chegada de dous voos.

"Máis de hora e pico aquí agardando a xente. Iso non se pode consentir".

En Culleredo hai activas 33 licenzas de taxis que non abondan para cubrir a demanda nas horas punta. Neses casos viñan traballando cun acordo coas asociacións de taxis da Coruña que quedou desactivado coa pandemia.

"Quedou unha bolsa de reserva cando os taxis da Coruña soben a deixar xente, no caso de que fagan falta taxis poden prestar o servizo".

Os taxistas de Culleredo prefiren non falar á cámara, pero aseguran que todo está pendente de que este concello e o da Coruña lle fagan unha proposta conxunta á administración autonómica que permita cubrir a demanda do aeroporto. A Xunta di que os concellos son coñecedores da situación irregular.

"Intentar facer un convenio adaptado á pasaxe. Temos que pensar que se trata dunha infraestrutura aeroportuario que move milleiros de persoas".

O volume de viaxeiros de Alvedro medrou no que vai de ano un 42 % máis do dobre da media nacional e vai camiño de alcanzar neste mes de outubro o millón de usuarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade