Publicador de contidos
Publicador de contidos

López Acuña non descarta que España chegue ao milleiro de casos de varíola do mono

López Acuña non descarta que España chegue ao milleiro de casos de varíola do mono

O exdirectivo da OMS insiste en que a varíola do mono non é unha doenza con potencial masivo de infección coma a covid

Insiste na necesidade de frear as cadeas de transmisión con illamento de casos e rastrexo exhaustivo

Descarta a vacinación masiva e insiste en inmunizar só os infectados e os contactos estreitos

G24.gal 28/05/2022 10:07 Última actualización 28/05/2022 10:50

Daniel López Acuña, o que fora directivo da Organización Mundial da Saúde (OMS),  prevé que o número de casos de varíola do mono en España chege ao milleiro pero limita a súa gravidade. Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, López Acuña di que "non é unha enfermidade con potencial masivo" para infectar coma a covid pero insiste na necesidade de "frear as cadeas de transmisión".

"Se tomamos esas medidas de maneira rápida, podemos frear en grande medida a diseminación. Aínda teremos casos, podemos chegar incluso ao milleiro de casos en España pero a cuestión é frear rapidamente e rastrexar exhaustivamente".

López Acuña opina que non é necesaria unha vacinación masiva da poboación senón aplicar a chamada "vacinación en círculos concéntricos", isto é, inmunizar coa vacina da varíola as persoas infectadas e os seus contactos estreitos, familiares e persoal sanitario que estea en contacto con estes infectados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade