Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lucas Pérez: “O obxectivo é afastarse dos postos de descenso”

Lucas Pérez: “O obxectivo é afastarse dos postos de descenso”

O capitán do Deportivo non poderá xogar o próximo partido contra o Tenerife por acumulación de tarxetas

Foto @RCDeportivo
G24.gal 12/12/2024 18:14 Última actualización 12/12/2024 18:38

Lucas Pérez, capitán do RC Deportivo, está convencido de que o seu equipo mostrará a súa mellor versión en canto consiga afastarse dos postos de descenso, por iso destacou a importancia de encadear varias vitorias.

“Nestes últimos partidos o que queremos é afastarnos dos postos de descenso, deixalos un pouco máis afastados, a máis dunha vitoria. Díxeno e vólvoo dicir: o ano do Deportivo creo que vai ser bonito, e iso pasa por liberarnos un pouco de non estar coa auga ao pescozo na clasificación. Iso é fundamental”, apuntou.

Preguntado por se ao cadro de xogadores branquiazul lle pode estar a pasar factura verse na zona baixa, o atacante dixo que “non” porque moitos xogadores xa viviron esa situación o curso pasado.

“O equipo o que necesita é esa soltura de gañar varios partidos, de ver que esteas máis preto de ver que podes soñar por algo e engancharche arriba. É importante non estar sempre a remolque, estar a ver sempre de esguello os postos de descenso”, incidiu.

Neste sentido, Lucas Pérez, que non poderá xogar o próximo partido contra o Tenerife por acumulación de tarxetas, sinalou que as vitorias achegan “alegría” e “tranquilidade” aos equipos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos