Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luís López é dende este xoves o novo presidente da Deputación de Pontevedra

Luís López é dende este xoves o novo presidente da Deputación de Pontevedra

López anunciou a súa intención de visitar todos os concellos nos primeiros seis meses de mandato

G24.gal 06/07/2023 15:47

Luís López foi elixido este xoves presidente da Deputación de Pontevedra.

O tamén presidente provincial do PP e concelleiro en Rodeiro, accede á presidencia co voto da maioría absoluta dos deputados provinciais do seu partido.

López xa foi delegado da Xunta en Pontevedra e alcalde de Rodeiro.

O presidente da Xunta quixo estar presente na súa investidura.

Alfonso Rueda afirma que con López se abre unha etapa frutífera para os concellos da provincia, porque a colaboración entre o Goberno provincial e a Xunta de Galicia vai ser moito maior estes próximos catro anos.

Na súa toma de posesión, López avanzou a súa intención de "abrir unha nova etapa e aplicar solucións diferentes e políticas distintas". Sinalou que unha das cuestións que pretende cambiar é "a proximidade con todas as administracións locais da provincia", polo que anunciou a súa intención de visitar todos os concellos nos primeiros seis meses de mandato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade