Madrid, Toledo e Cádiz , en máxima emerxencia por precipitacións torrenciais
Madrid, Toledo e Cádiz , en máxima emerxencia por precipitacións torrenciais
A Aemet avisa de que precipitacións de ata 120 litros por metro cadrado en 12 horas son cantidades extraordinarias que poden xerar un impacto grande
Cádiz súmase a Madrid e Toledo baixo aviso vermello polo temporal
Ata o luns pode caer máis ou menos a mesma auga que se recolleu no que vai de 2023
Interrompido o tráfico ferroviario de Madrid con Xaén, Albacete e Almería
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ampliou este domingo a toda a Comunidade de Madrid o aviso vermello, o máximo dunha escala de tres, que xa activou ás once da noite do sábado para as zonas sur, as Vegas e oeste desta comunidade e para a Mancha toledana e Toledo, en Castela-A Mancha.
Nas últimas horas sumouse Cádiz a esta máxima emerxencia polas precipitacións intensas.
Decreta a emerxencia máxima ante o risco de que se acumulen 120 litros por metro cadrado en 12 horas, mesmo máis localmente, e de que as chuvias caian de xeito torrencial. É dicir, cunha intensidade de 60 litros por hora ou máis de 10 nuns 10 minutos.
“Son cantidades extraordinarias que poden xerar grande impacto. Precaución!”, pide Aemet.
A aviso vermello (perigo extremo) comeza ao mediodía e esténdese ata a medianoite na zona metropolitana, sur, as Vegas, oeste e na serra.
A Axencia de Seguridade e Emerxencias Madrid 112 recomendoulles aos cidadáns que extremen a precaución tras a confirmación do nivel vermello na Comunidade de Madrid, e que, ante calquera emerxencia, chamen o 112.
Xa na tarde deste sábado recomendaban aos condutores que teñan previsto regresar este domingo a Madrid que adiantasen a súa viaxe para evitar circular polas estradas durante a tarde, cando se esperan as tormentas máis virulentas.
Tamén aconsellan non coller o vehículo privado se non é necesario e, de facelo, aumentar a distancia de seguridade, reducir velocidade, levar iluminación de cruzamento, conducir de maneira suave e non atravesar balsas de auga cunha profundidade que descoñecemos.
Aos cidadáns, tras activar o concello o plan de actuación ante inundacións, pídenlles que retiren das terrazas e os balcóns elementos que poidan caer á rúa, limpar canlóns e desaugadoiros, minimizar desprazamentos e non transitar por zonas con árbores.
O domingo, a Aemet agarda que se reproduzan as precipitacións persistentes e xeneralizadas, que poden ser localmente fortes ou moi fortes e acompañadas de treboadas, en todo o país agás as Canarias. Ademais de Madrid e de Castela-A Mancha, outras nove autonomías atópanse baixo distintos avisos.
Trátase dos primeiros avisos vermellos que se decretan no primeiro temporal de choiva do outono meteorolóxico, que comezou o sábado, e que é considerado polos expertos raro e inusualmente potente para esta data porque apenas comezou a estación.
Ante el aviso rojo emitido por @AEMET_Madrid que prevé #lluvias que pueden llegar a ser torrenciales, el Ayuntamiento de @Madrid pide a los ciudadanos que permanezcan en sus domicilios y no salgan salvo que sea estrictamente necesario pic.twitter.com/OCLyCcpFo8
— Emergencias Madrid (@EmergenciasMad) September 3, 2023
De aquí a la madrugada del lunes puede llover en la mitad sur de la Comunidad de Madrid (incluida la capital) y este de la provincia de Toledo más o menos lo mismo que ha llovido hasta ahora en todo 2023.
— Rubén del Campo (@Rub_dc) September 2, 2023
En Madrid capital llevan 145 l/m², y en Toledo 119 l/m² desde el 1 de enero https://t.co/EulF5QTDPF