Publicador de contidos
Publicador de contidos

Madrugada xélida en moitos puntos do interior de Galicia

Madrugada xélida en moitos puntos do interior de Galicia

Calvos de Randín estivo a seis graos baixo cero

G24.gal 03/12/2022 14:40 Última actualización 03/12/2022 15:09

Madrugada xélida no sur da provincia de Ourense, onde o frío leva xa varias xornadas deixándose notar. De feito non había máis ca mirar os termómetros a primeira hora.

A seis baixo cero estiveron en Calvos de Randíncinco graos negativos houbo en Verín ou Baltar por exemplo.

Percorrer o interior de Ourense esta mañá era facelo entre néboas, xeadas e temperaturas baixo cero.

"Non se senten nin os pes nin as mans estes días, xa hai tempo que non lembro unha xeada así tan forte".

Dende as beiravías, ata os tellados, as fontes, os parabrisas, as hortas... a xeada veu forte esta noite e din xa non é a primeira desta semana.

"Onte parecía unha nevada e hoxe tamén, pero se ven o sol e non a néboa...".

Porque o sol fixo o que puido dende ben cedo, pero os termómetros resistíanse a subir. No sur de Ourense as temperaturas quedaron baixo cero esta noite en moitas localidades. As mínimas chegaron case os menos sete graos. 

"Pola mañá que iamos saír cedo a comprar, nin nos atrevemos sequera polo frío que vai".

Pero o certo din, é que o frío en realidade non é tanto, senón o que toca para o mes de decembro.

"Esto é bo, é o que ter que haber nesta época e feito".

"Todo o día na cociña e despois xa para a cama e fóra".

"O tempo hai que levalo como ven, e aproveitalo".

Aproveitar as horas de sol e abrigarse contra a noitiña porque xa anuncian que o frío deixarase notar tamén no interior de Galicia a vindeira madrugada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade