Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden anuncia unha axuda de 255 millóns para Ucraína no cumio da OTAN

Biden anuncia unha axuda de 255 millóns para Ucraína no cumio da OTAN

Zelenski, protagonista dun cumio do que sae o envío dos primeiros F-16 a Kíiv

A OTAN eleva o ton contra a China polo seu apoio a Rusia

O cumio da OTAN compromete outros 40.000 millóns para Ucraína

Biden e Zelenski no cumio da OTAN
Antón Montero 11/07/2024 20:23 Última actualización 11/07/2024 20:57

A guerra de Ucraína foi omnipresente nos catro días do cumio da OTAN. O seu presidente Volodimir Zelenski non obtivo a esperada invitación a unirse á Alianza, pero si a garantía de que ese camiño é "irreversible", en palabras do secretario xeral da Organización Jens Stoltenberg.

Por outra banda, o presidente dos Estados Unidos Joe Biden anunciou este xoves un novo paquete de asistencia militar de 225 millóns de dólares para Ucraína durante un encontro co seu homólogo ucraíno Volodimir Zelenski no marco do cumio da OTAN en Washington.

"Hoxe éncheme de orgullo anunciar un novo conxunto de sistemas de seguridade para Ucraína", declarou Biden xunto a Zelenski ante os medios de comunicación antes da reunión.

Iso si, os aliados van esperar primeiro a fin da guerra. Para acelerala, tres deles, os Estados Unidos, Dinamarca e os Países Baixos, anunciaron a entrega a Kíiv dos primeiros F-16, que poderán entrar en combate este mesmo verán.

O terceiro anuncio foi un paquete de axuda militar por 40.000 millóns de euros o ano que vén, ademais de varias baterías de mísiles Patriot para reforzar as defensas antiaéreas ucraínas.

"Os acordos  demostran que Putin non poderá dividir nin sobrevivir a nós", dixo o asesor de Seguridade Nacional da Casa Branca Jake Sullivan.

Rusia tamén interpreta como unha nova provocación o anuncio da despregadura en Alemaña de mísiles de longo alcance. O seu ministro de Exteriores di que xa está en marcha unha resposta militar ao que interpretan como unha nova ameaza contra eles.

Tamén indignou na China a acusación de Stoltenberg de que Pequín está enviando a Moscova tecnoloxía para construír as armas que están usando en Ucraína. "Son acusacións maliciosas e sen fundamento", defendíase o voceiro do Goberno chinés, que acusaba a OTAN de seguir coa mentalidade da Guerra Fría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade